ICACOR

15/10/2018 15:35 Antiguedade: 4 yrs

O Consello da Avogacía Galega valora de maneira positiva o plan de recuperación dos Xulgados da Xunta de Galicia

A Coruña, 15 de outubro de 2018. O Consello da Avogacía Galega valora de maneira positiva o plan de recuperación da Administración de Xustiza presentado pola Xunta de Galicia co obxectivo de recuperar a actividade atrasada dos xulgados con motivo da folga de Xustiza de meses pasados.

Este plan foi presentado á avogacía galega polo vicepresidente da Xunta e Conselleiro de Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda Valenzuela, nunha xuntanza mantida a semana pasada con representantes do Consello da Avogacía Galega. Nesta reunión avanzáronse algunhas das liñas a executar pola Xunta que reforzarán a labor en casi un centenar de xulgados da comunidade autónoma.

Desde o Consello da Avogacía Galega valóranse de maneira positiva as medidas propostas, dado que están dirixidas a recuperar a normalidade dos xulgados, que non hai que esquecer que xa estaban sobrecargados antes da folga.

O Consello confía no compromiso de todos os órganos e axentes implicados, para o éxito do plan. A Avogacía Galega agradece a disposición da Xunta de Galicia de recuperar o funcionamento da Administración de Xustiza e poder desenvolver este servicio fundamental nas condicións adecuadas como resposta ao parón de 114 días de principios deste ano 2018.

Sobre o Consello da Avogacía Galega
O Consello da Avogacía Galega é unha corporación de dereito público que representa a profesión de avogado en Galicia. Aglutina e coordina aos sete Colexios de Avogados: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.