ICACOR

29/10/2021 13:46 Antiguedade: 88 days

IX edición do Concurso de conto curto

O prazo de presentación de orixinais rematará as 14 horas do 25 de novembro de 2021.

 

As obras poden estar redactadas en galego ou castelán.

 

Bases:

 

1.       Participantes: poden optar ao premio tódolos colexiados que pertenzan ou pertencerán ao Ilustre Colexio Provincial de Abogados de A Coruña, exercentes e non exercentes, seus familiares, empregados de este Colexio, maxistrados, xuíces, notarios, rexistradores, fiscais e procuradores, así como tódolos avogados exercentes no ámbito da UE.

 

2.       Temática: o tema haberá de estar relacionado coa Xustiza e a Avogacía. A natureza de todos os traballos será literaria e os relatos presentados terán o tratamento de relatos de ficción, aínda que se baseen en feitos reais, pero en ningún caso aceptaranse aqueles traballos nos que poidan resultar identificables persoas ou situacións xudiciais reais.

 

3.       Obras: as obras presentadas deben ser inéditas e escritas en galego ou castelán.

 

4.       Forma de presentación: os orixinais enviaranse baixo pseudónimo,  achegando un sobre pechado co nome completo, número de colexiado, no seu caso, e do DNI, enderezo e teléfono, en soporte electrónico (USB, CD, DVD e en formato word) e terán unha extensión máxima de 60.000 caracteres.

 

5.       Lugar de presentación: os orixinais enviaranse ao Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña (Rúa Federico Tapia, 11 baixo.-15005 A Coruña), indicará no sobre a referencia “IX Premio Conto Curto do Ilustre Colexio Provincial de Avogados de A Coruña”.

 

6.       Prazo de presentación: ata as 14 horas do 25 de novembre del 2021.

 

7.       Xurado: o xurado estará formado pola Xunta de Goberno deste Colexio ou por quen esta nomee. As decisións do xurado serán inapelables.

 

8.       Premios: os premios non poderán ser declarados desertos, e consistirán nun primeiro premio de 2.000€ e un segundo premio que de 1.000€.

 

9.       Aceptación das bases: a presentación a concurso supón a aceptación destas bases.

 

10.   Propiedade das obras premiadas: os dereitos dos contos presentados quedan en posesión dos seus autores, si ben o Colexio poderá publicalos en revistas ou publicacións colexiais sen límite de tempo.