Art. 11º (E.X.A.E.)
Para o exercicio da avogacía e obligatoria a colexiación nun Colexio de Avogados, salvo nos casos determinados expresamente pola Lei ou por este Estatuto Xeral. Bastará a incorporación a un solo Colexio, que será o do domicilio profesional único ou principal, para exercer en todo o territorio do Estado.
Art. 6º (E.X.A.E.)
Corresponde en exclusiva a denominación e función de avogado ao Licenciado ou Grado en Dereito que exerza profesionalmente a dirección e defensa das partes en toda clase de procesos, ou o asesoramento e consello xurídico.
Art. 9º (E.X.A.E.)
Requisitos para a colexiación (PDF)
Nota: Sólo se recollerá a documentación cando esté completa.
Consulte aquí o importe das cotas, de periodicidade mensual, para os colexiados do ICA Coruña.
SUPOSTO 1: Aqueles que estiveran colexiados no momento de entrada en vigor da Lei (31/10/2011) como exercentes ou non exercentes.
Non se lles esixirán en ningún caso os requisitos de colexiación regulados na Lei 34/2006.
SUPOSTO 2: Aqueles que non se incluiran no Suposto 1, pero que estiveron colexiados como mínimo un ano antes da entrada en vigor da Lei (31/10/2011).
Non se lles esixirán en ningún caso os requisitos de colexiación regulados na Lei 34/2006.
SUPOSTO 3: Aqueles que non se incluiran no Suposto 1, pero que estivieron colexiados como mínimo un ano antes da entrada en vigor da Lei (31/10/2011), e tiñan causado baixa por sanción disciplinaria.
Non se lles esixirá a realización do Mestrado, si se colexian nun prazo de dous anos dende a entrada en vigor da Lei (31/10/2013).
SUPOSTO 4: Aqueles que estiveran en posesión do título de Licenciado ou grado en Dereito ou en condicións de solicitalo no momento de entrada en vigor da Lei (31/10/2011).
Non se lles esixirá a realización do Mestrado, si se colexian nun prazo de dous anos dende a entrada en vigor da Lei (31/10/2013).
SUPOSTO 5: Aqueles que obtiveran o título de Licenciado en Dereito ou se atoparan en condicións de solicitalo con posterioridade á entrada en vigor da Lei (31/10/2011).
Non se lles esixirá a realización do Mestrado, sempre que se colexien nun prazo de dous anos dende que se atopen en condicións de solicitar a expedición do título oficial de licenciado en dereito, como exercentes ou non exercentes.
SUPOSTO 6: TÍTULOS ESTRANXEIROS: Se a solicitude de homologación do título estranxeiro ao de licenciado en dereito fíxose con anterioridade á entrada en vigor da Lei (31/10/2011).
Non se lles esixirá a realización do Mestrado, sempre que se colexien como exercentes ou non exercentes nun prazo de dous anos dende que obteñan a homologación.
SUPOSTO 7: Aqueles que obteñan o título de Grao en Dereito con posterioridade a súa entrada en vigor (31/10/2011). Esixiráselles o novo sistema de acceso (regulado na Lei 34/2006, de 30 de outubro).
Instancia solicitando a incorporación como Exercente (PDF)
Compromiso por escrito de XURAMENTO ou PROMESA (PDF)
Solicitude de Certificado de Nova Incorporación EXERCENTES (C.G.A.E.) (PDF)
Ficha Datos Colexiado/a (PDF)
Instancia solicitando a incorporación como Non Exercente (PDF)
Solicitude de Certificado de Nova Incorporación NON EXERCENTES (C.G.A.E.) (PDF)
Solicitud de Certificado Cambio de NO EJERCIENTE a EJERCIENTE (C.G.A.E.) (PDF)
Solicitude de Certificado Inscripción Comunitarios (C.G.A.E.) (PDF)
Art. 9.º (E.C.) - Art. 17.5.º (E.X.A.)
Non se necesitará incorporación ao Colexio para a defensa de asuntos propios ou de parentes ata o terceiro grao de consanguinidade ou segundo de afinidade, sempre que o interesado reúna os requisitos establecidos polo Art. 6.1, parágrafos a), b), e c) do presente Estatuto, así coma aqueles que poidan establecer as normas vixentes.
Os que se atopen neste caso serán habilitados polo Decano do Colexio de Avogados para a intervención que se solicite. Tal habilitación supón para quen a recibe, aínda que soamente con relación ao asunto ou asuntos a que alcanza, o disfrute de tódolos dereitos concedidos en xeral aos abogados e a asunción das correlativas obrigacións. O importe das habilitacións e de 50€ para os colexiados non exercentes do ICACOR e de 150€ para os non colexiados.