O CONSELLO DA AVOGACÍA GALEGA outorga amparo ao LETRADO José LUIS Gutierrez Aranguren Ante o anuncio de interposición dunha querela criminal POR SINDICATOS DA GARDA CIVIL
Para poder exercer a defensa encomendada en condicións de liberdade e independencia
A Coruña, 23 de xaneiro de 2014. En relación ás informacións aparecidas nos medios sobre o anuncio de interposición dunha querela criminal contra o avogado José Luis Gutiérrez Aranguren por sindicatos da Garda Civil polas expresións vertidas publicamente, o Consello de Avogacía Galega quere facer públicas as seguintes manifestacións:
Sobre o Consello da Avogacía Galega
O Consello da Avogacía Galega, creado en 1993, é o órgano superior da administración colexial da avogacía galega, aglutinando a tódolos Colexios de Avogados de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo.
Así, ten por obxecto agrupar e coordinar os distintos colexios integrados, e asumir a súa representación en cuestións de interese común profesional, no ámbito autonómico. Como máximo representante da profesión en Galicia, o Consello vela polo correcto exercicio da profesión e é o máximo interlocutor perante a administración e a sociedade. Entre outras funcións, ocúpase de coordinar a acción dos Colexios de Avogados de Galicia, exercer o control deontolóxico dos seus membros, organizar o servizo de orientación xurídica e a quenda de oficio e procurar a formación continuada dos profesionais.