ICACOR

Creación

No ano 1760, sendo Rei de España Carlos III, 31 avogados coruñeses solicitaron licenza para a fundación do Ilustre Colexio de Señores Avogados da Real Audiencia de Galicia, con residencia na cidade da Coruña. 

A dita licenza foi concedida polo Decreto do 17 febreiro de 1760 do Marqués de Croix, presidente da Real Audiencia de Galicia, gobernador e capitán xeral do Reino de Galicia - ratificado posteriormente pola Real Cédula de Carlos III dada en El Pardo o 1 de febreiro de 1761- e, na súa virtude, na xunta realizada o 15 de marzo de 1760, eses 31 letrados acordaron erixir e formar o que hoxe se coñece como Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña.  Publicáronse en 1761 os seus primeiros estatutos, cuxo orixinal se conserva como unha das xoias do seu patrimonio.

Nestes últimos 255 anos, o Colexio, que ten a súa orixe nunha confraría ou asociación relixiosa existente xa no século XV (*), foi testemuña da chegada e caída de réximes políticos, guerras de independencia e fratricidas, constitucións, períodos democráticos e feroces ditaduras, e, con todo, conserva aínda a forza daqueles trinta e un avogados fundadores e a súa vocación de servizo á sociedade.

 

Marqués de Croix                                                         Carlos III

 

Entre os seus colexiados houbo relevantes políticos, deputados nas Cortes de Cádiz de 1812, ministros, presidentes de goberno, congresistas e deputados, brillantes xurisconsultos e tratadistas, literatos e unha nutrida representación de alcaldes da Coruña. 

En xaneiro do 2015, a que é a institución civil viva máis antiga de Galicia, conta con 3.364 colexiados dos cales 1.653 son homes e 1.711 mulleres.

O 2 de novembro do ano 2010, o Pleno do Excmo. Concello da Coruña, por unanimidade, concedeulle a Medalla ao MÉRITO DA CIDADE NA SÚA CATEGORÍA DE OURO, que lle foi entregada en acto solemne o 30 de outubro do 2015, «en atención á súa vinculación coa cidade e aos servizos prestados non só ao colectivo profesional que representa senón á cidadanía coruñesa e ao seu Concello». 

(*)No século XV existía unha organización profesional galega, ao ser fundada a Real Audiencia de Galicia -a máis antiga das de España ao creárense as Audiencias Reais- por Cédula dos Reis Católicos expedida en Toledo o día 3 de agosto de 1480, constituíuse unha Confraría, orixe do actual Colexio de Avogados, baixo a advocación da Nosa Señora da Asunción, de acordo co espírito relixioso imperante e as tendencias á agrupación gremial herdadas da Idade Media.

Libro Conmemorativo do 250 Aniversario do Colexio (1760-2015)

Descárgueo aquí (PDF)

Decanos: Decanos do Colexio dende a súa reestruturación en 1761

D. Diego Antonio Cornide y Saavedra1761-1763
D. Vicente Alvarez de Neira1764
D. Vicente Tomás Lavandeira1765
D. Angel Ruiz1766
D. Fernando Codesido y Berea1767
D. José de Vila1768 y 1788
D. José Moscoso y Prado1769, 1772-1773, 1781-1784, 1786
D. Diego Blanco de Salinas1770
D. Juan Benito Salazar1771
D. Antonio Salazar1774
D. Pablo Tilán1775
D. Antonio Somoza y Cabo1776
D. Francisco Somoza de Monsoriú1777 y 1780
D. Silvestre Ulloa1778
D. Antonio Sánchez Boado y Salazar1779 y 1785
D. José Magdalena Hevia1779 y 1791
D. Francisco Javier Caviedes1791
D. Antonio Agustín Payán1792-1793, 1809, 1816
D. Isidoro Sequeiros1792, 1808 y 1810
D. Isidoro de Penas1793
D. José Seoane1794, 1800 y 1807
D. Miguel Belorado1795 y 1813
D. José Martínez Bermúdez1811 y 1824
D. Félix Andrés de Pazos Sanjurjo1801
D. Jacobo Teijeiro Garrido1787, 1789-1790, 1796-1799 y 1801-1802
D. Andrés Suárez Menéndez1802
D. Francisco Montes1803
D. Juan Faustino de Pazos Sanjurjo1804
D. José Sanjurjo1805
D. Pedro Bermúdez de Castro y Villar1806-1815 y 1820
D. Juan Mauricio Salazar1816-1819
D. Tomás Domínguez de Soto1821 y 1830
D. Tomás Sánchez Núñez1822 y 1826
D. Ramón Fernandez Cid1823
D. Ignacio Aldao1824
D. Félix Pablo Portal1825
D. Fernando Sánchez Gil1827-1828 y 1834
D. Manuel Francisco Santos1829
D. Francisco María Enríquez1831
D. Nicolás Fernández Bolaño1832-1833
D. Antonio Pazos1835
D. Manuel Vilamora1836 y 1839
D. José Fermín de Muro1837-1838
D. Juan Manuel de Prado Valle1840
D. Francisco Castro y Lamas1841
D. Francisco Ventura y Álvarez Muñoz1842 y 1850
D. Antonio María Coira1843-1844 y 1851
D. Nicolás de la Riva Barros1845 y 1853-1854
D. José María Maya1846
D. Emilio Fernández Cid1847
D. Juan Baltasar Tilve1848
D. Dionisio Muro1849
D. Juan Coumes Gay1852
D. Julián de Lamas Andrade1845 y 1855-1857
D. Benito Pla y Cancela1858-1860, 1862-1864 y 1874-1875
D. Ramón Gayoso Llanos1861
D. Manuel Fernández Poyán1865 y 1868-1870
D. Eduardo Hermosilla1866
D. Diego Moreno de la Riva1867
D. Paulino Souto y Sánchez1870-1871
D. Felix Álvarez Villamil1871-1872 y 1875-1876
D. Alonso Rey Suárez1872-1873
D. Constantino Vázquez Rojo1873-1874, 1876-1878 y 1881-1882
D. Rafael López Lago y Blanco1878-1880
D. Francisco Amarelle1880-1881 y 1887-1888
D. Calixto Varela Recamán1882-1884
D. Luciano Puga y Blanco1884-1887
D. Maximiliano Linares Rivas1888-1891
D. Ramón Blanco Rajoy Poyán1891-1893-1894 y 1918-1920
D. Juan Antonio Calderón1894-1898
D. José Pérez Porto1898-1902
D. Eduardo Méndez Brandón1902-1914
D. Enrique Pérez Ardá1920-1926
D. Manuel Durán García1926-1930
D. Benito Blanco-Rajoy Espada1930-1959 Decano Honorario
D. José María Méndez Gil Brandón1959-1963
D. Manuel Iglesias Corral1963-1988 Decano Honorario
D. José Antonio Lois Fernández1988-1997
D. César Torres Díaz1998-2004
D. Jesús Varela Fraga2005-2010
D. Antonio Platas Tasende2010-2015
D. Augusto José Pérez-Cepeda Viladesde 2015