ICACOR

26/12/2019 11:47 Antigüedad: 275 days

Violencia e acoso no traballo: Análise xurisprudencial e protocolos

A Asociación XUSTIZA E SOCIEDADE DE GALICIA e o COLEXIO DA AVOGACÍA DE OURENSE queren presentar en Galicia os estudios pioneiros do prestixioso OBSERVATORIO VASCO SOBRE ACOSO E DISCRIMINACIÓN, https://www.observatoriovascosobreacoso.com/.

Esta Entidade independente leva dende 2002 facendo unha serie de análises xurídicos e transversais do fenómeno chamado “mobbing”, co obxeto de erradicar e prevenir todo tipo de conductas non apropiadas no contexto laboral, e exercer una influencia decisiva no noso entorno para que a Cultura da Prevención erradique calquera forma de discriminación e acoso, axudando ás persoas traballadoras, empresas, administraciones e particulares.

A Xornada que presentan en Ourense consta principalmente de dous grandes apartados: o primeiro é un estudo de 1.300 Sentenzas de todolos órdenes xudiciais, nos que se analizan diferentes casos de acoso ou hostigamento no traballo, e que entedemos de grande importancia para a Avogacia, Xudicatura, Fiscalia, Graduados Sociais, etc..

A segunda parte é a que estuda ós protocolos, como un xeito estructurado de afrontar as conductas de acoso ou mobbing no traballo, e, no seu caso, outros comportamentos que se consideran irregulares, inapropiados ou socialmente adversos tanto no seo da empresa ou ben ante outras instancias externas.

A xestión da prevención psicosocial é un elemento básico na intervención temprana de prevención no contexto empresarial e das Administracións Públicas, polo que consideramos de interese a súa aplicación e implantación nos departamentos de Recursos Humáns, Comités de Empresa, Delegados e Delegadas de Prevención e Persoal Técnico de Prevención en Riesgos Laborais.

Na xornada se explicará a necesidade e funcionamiento destes protocolos e o seu impacto no mundo xudicial.

Finalmente, invitamos á cidadanía, Asociacións e profesionais da saude a acudir a este evento, donde acoller os seus pareceres, experiencias e dinámicas para prevenir e combatir todo tipo de comportamentos discriminatorios e conductas social e laboralmente inapropiadas.

Inscripcións:

Na web do Colexio http://www.icaourense.org
Colexiados e colexiadas do ICAOU; membros de Xustiza e Sociedade, alumnos e alumnas e profesorado da Universidade de Vigo e alumnos e alumnas do máster da Avogacía 10 €, outras persoas 20€.

PROGRAMA:

DÍA 23 DE XANEIRO

16:00 PRESENTACIÓN DA XORNADA

Pilar López-Guerrero Vázquez. Decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense.
Verónica Martín Barbero Presidenta do Consello Galego de Relacions Laboráis.
Juan Ignacio Marcos González. Coordinador do Obervatorio Vasco sobre Acoso e discriminación.
Marta Fernández Prieto .Decana da Facultade de Dereito de Ourense.

16:15 a 17:00 Presentación do estudo que levou a cabo o Observatorio Vasco sobre a xurisprudencia en materia de
acoso laboral.

Relatora:
-Beatriz García Celaá. Maxistrada do Xulgado do Social tres de Bilbao.

Presenta : Roque Méndez Robleda. Avogado do ICAOU e membro de Xustiza e Sociedade.

17:00 a 18:30 Discusión sobre o contido e as conclusións do Estudo do Observatorio Vasco.

Relatores:
-Jesús Villegas Fernández. Maxistrado do Xulgado de Violencia de Xénero número 5 de Madrid.
-Juan Ignacio Marcos González. Avogado laboralista coordinador do Observatorio Vasco.
-Beatríz García Celáa. Maxistrada do Xulgado do Social tres de Bilbo.
Presenta : Fátima María Salgado Carbajales. Vogal segunda da Xunta de Goberno do ICAOU.

18:30 a 18:45 Pausa

18:45 a 19:30 O protocolo de entrada única. Presentación do documento do Observatorio Vasco.

Relatores:

-Rocío Barreira Méndez. Psicóloga Clínica, técnico superior de prevención de riscos laboráis e mediadora
-Manuel Velázquez Fernández. Inspector de Traballo.
-María Angeles García. Asociación profesional de especialistas en xénero, igualdade, acoso e violencia de Xénero
(APREGEN)

Presenta: Matías Movilla García. Membro de Xustiza e Sociedade.

19:30 CLAUSURA DA XORNADA

Fátima María Salgado Carbajales. Vogal segunda da Xunta de Goberno do ICAOU.
María del Sol Díaz Mouteira. Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ourense.
María del Sol Novoa Rodríguez. Presidenta de la CEO.
Pablo Guntiñas. Avogado do ICAOU e membro de Xustiza e Sociedade.