ICACOR

Matrícula Máster 2017-2018

ACLARACIÓNS AO CALENDARIO DE PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA NOS MESTRADOS UNIVERSITARIOS (Consello de Goberno do 27 de abril de 2017)

I.- PRAZOS PARA O ESTUDANTADO DE SISTEMAS UNIVERSITARIOS ESTRANXEIROS ALLEOS AO SISTEMA UNIVERSITARIO ESPAÑOL:

Establécese un prazo extraordinario de preinscripción e matrícula, para os mestrados universitarios da UDC, para estudantes de sistemas universitarios estranxeiros, tanto do EEES coma alleos a este. En todo caso, o número total de estudantes admitidos non superará o 30% das prazas ofertadas (as prazas desta reserva que non se cubriren acumularanse para os prazos xerais sinalados no apartado II destas aclaracións). Os solicitantes deberán cumplir os requisitos de acceso e de admisión nos prazos sinalados para realizar a preinscripción.

ESTUDANTES DE SISTEMAS UNIVERSITARIOS ESTRAXEIROS:

16 de xaneiro - 30 de abril de 2017.- Preinscripción.

8-10 de maio de 2017.- Publicación lista provisional.

10-18 de maio de 2017.- Reclamacións.

24-25 de maio de 2017.- Publicación lista definitiva.

2017.- Matrícula (segundo prazos xerais).ç

II.- PRAZOS XERAIS:

Establécense distintos prazos de preinscripción e matrícula nos mestrados universitarios da UDC. En casa prazo ofertaranse as prazas vacantes existentes do total de prazas ofertadas en cada mestrado. Os solicitantes preinscritos que non fosen chamados a matrícula constituirán unha lista de agarda que será utilizada en caso de que se produza unha vacante, antes de rematar cada prazo de matrícula. Os integrantes da lista de agarda incorporaranse na lista provisional do segundo prazo sen necesidade de facer unha nova inscrición, agás renuncia expresa ou que exista constancia de que formalizaron a matrícula noutro mestrado. Estas solicitudes, xunto coas novas do segundo prazo, serán baremadas, realizándose unha nova ordenación para asignación das prazas vacantes.

No terceiro prazo procederase seguindo os mesmos trámites dos prazos anteriores.

Os solicitantes do Sistema Universitario Español deberán cumprir os requisitos de acceso e de admisión no último día do prazo establecido para presentar reclamacións contra a publicación da lista provisional, para o cal deberán acreditar que cumpren cos requisitos de acceso e admisión que non xustificaron no prazo establecido para solicitar a preinscripción.

A preinscripción realizarase a través do formulario en liña da web da UDC.

Unha vez publicada a relación definitiva de admitidos, este matricularanse nos prazos establecidos a través da secretaría virtual na internet. A non formalización da matrícula no período establecido suporá a perda da correspondente praza, sendo necesario realizar unha nova preinscripción.

Habida conta de que os estudantes provenientes de sistemas universitarios estranxeiros poden solicitar a preinscripción nun mestrado nos prazos xerais previstos no apartado II destas aclaracións, se non o fixeron nos prazos establecidos no apartado I ou se non foron admitidos nestes prazos, as comisión de selección deberán ter en conta o seguinte:

-Terán preferencia en todos os prazos sinalados no apartado II os solicitantes provenientes do Sistema Universitario Español sobre os solicitantes provenientes de sistemas universitarios estranxeiros, toda vez que éstes tiveron os seus propios prazos así como unha procentaxe de reserva de prazas, segundo o establecido no apartado I destas aclaracións.

Ao abeiro do acordó adoptado polo Consello de Goberno do 29/03/2017, establécese unha reserva do 5% das prazas disponibles para estudos de mestrado universitario para os estudantes que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, así como para aqueles estudantes con necesidades educativas especiais permanentes asociadas ás condicións persoais de discapacidade, que durante a súa escolarización anterior precisaran de recursos e apoio para a súa plena normalización educativa.

Os estudantes deberán acreditar esa condición no momento de efectuar a preinscripción correspondente, mediante un certificado oficial de cualificación e recoñecemento do grao de discapacidade, expedido polo órgano competente de cada Comunidade Autónoma.

A ordenación e adxudicación das prazas reservadas realizarase atendendo aso criterios de valoración que sexan de aplicación a cada mestrado.

As prazas obxecto de reserva destes estudantes que queden sen cubrir serán acumuladas ás ofertadas pola Universidade polo réxime xeral en cada unha das convocatorias.

 1º PRAZO (xuño-xullo de 2017)

23 xuño - 13 xullo.- Preinscripción.

18 xullo.- Publicación lista provisional.

18 - 26 xullo.- Reclamacións.

31 xullo.- Publicación lista definitiva.

1 - 13 agosto.- Matrícula (*).

2º PRAZO (agosto-septembro de 2017)

14 - 21 agosto.- Preinscripción.

6 setembro.- Publicación lista provisional.

6 - 8 setembro.- Reclamacións.

13 setembro.- Publicación lista definitiva.

13 - 18 setembro.- Matrícula (*)

3º PRAZO (setembro-outubro de 2017)

19 - 27 de setembro.- Preinscripción.

2 outubro.- Publicación lista provisional.

2 - 5 outubro.- Reclamacións.

9 outubro.- Publicación lista definitiva.

10 - 19 outubro.- Matrícula (*)

 

(*) A matrícula realizarase nas datas de chamamento e seguindo o procedemento que se estableza polos centros, de ser o caso.

PRAZOS PARA O ESTUDANTADO DE SISTEMAS UNIVERSITARIOS ESTRANXEIROS ALLEOS AO SISTEMA ESPAÑOL, PARA O CURSO 2018-2019:

Coa finalidade de facilitar a planificación de acción de internacionalización e acceso aos mestrados universitarios dos estudantes procedentes de todos os sistemas universitarios estranxeiros (solicitude de bolsas visados, etc.), tanto do Espazo Europeo de Eduación Superior coma de alleos a éste, os prazos previstos para a vindeira edición, correspondente ao curso 2018/2019, e para as seguintes, serán os que se indican na seguinte taboa.

O número total de solicitantes admitidos nestes prazos non poderá superar o 30% das prazas ofertadas en cada mestrado (as prazas desta reserva que non se cubriren acumularanse á quenda xeral na preinscripción). Estes solicitantes deberán cumprir os requisitos de acceso e de admisión no momento de realizaren a preinscripción.

ESTUDANTADO SISTEMAS UNIVERSITARIOS ESTRANXEIROS

16 de xaneiro - 30 de abril de 2018.- Preinscripción.

8-10 de maio de 2018.- Publicación lista provisional.

10-18 de maio de 2018.- Reclamacións.

24-25 de maio de 2018.- Publicación lista definivita.

Primeiro prazo xeral (a determinar).- Matrícula.

 

DILIXENCIA para facer constar que o presente documento composto de 3 páxina/s numerada/as e selada/s, foi aprobado polo Consello de Goberno na súa sesión de data 27 de abril de 2017.

O secretario xeral.

Asdo.- Carlos Aymerich Cano.