ICACOR



¿Qué é a mediación?

Trátase dun procedemento non xudicial voluntario e confidencial, destinado a facilitar a comunicación e a negociación entre aqueles que teñen un conflito para que, coa axuda dun especialista imparcial, poidan atopar unha solución.

¿Quén a pode solicitar?

Calquera persoa, empresa ou institución que teña interese en resolver o conflito que lles afecta a través da mediación pode contactar co servizo de mediación ICACOR.MEDIA.

¿En que conflitos cabe mediar?

Pódese mediar en todo tipo de conflitos, aínda que se iniciase un proceso xudicial. So se exceptúan, por expresa prohibición legal, os supostos de violencia de xénero. 
É especialmente útil en casos de conflitos en materias de familia, herdanzas, conflitos empresariais, civís e mercantís; así como nos ámbitos comunitario / veciñal e educativo.

Vantaxes da mediación

• Promove a cooperación, a confianza e o respecto.
• Favorece a obtención de acordos personalizados, xustos e duradeiros.
• Reduce o custo emocional.
• É áxil e flexible.
• Preserva as futuras relacións.

 SERVICIO MEDIACIÓN ICACOR.MEDIA

Lista de mediadores do Rexistro ICACOR.MEDIA (PDF)

Díptico de Mediación (PDF)

O mediador

Os mediadores de ICACOR.MEDIA son profesionais cualificados con formación específica en mediación, que actúan con total imparcialidade durante todo o proceso de mediación.

¿Como se solicita?

1. A solicitude de mediación pódese realizar presentando o formulario de maneira presencial nas oficinas de ICACOR.MEDIA; por correo postal, xunto cunha copia do D.N.I. ou por correo electrónico, asinado dixitalmente.

2. Se a solicitude é presentada por unha das partes, deberán indicarse os datos do resto dos participantes. Neste caso será o servizo de mediación o que lle comunique que se presentou unha solicitude.

Se aceptan, designaranse os mediadores, e convocaranse as partes para a sesión informativa, que ten carácter gratuito.
No caso de que algunha das partes non desexe acudir á mediación, comunicarase o arquivo do expediente.

3. Cando a solicitude se presente de mutuo acordo, serán nomeados os mediadores, e convocaranse as partes para o a sesión informativa.

O custo do servizo pódese atopar no formulario de solicitude.

Formulario de solicitude de mediación (PDF)

Características mediación (PDF)

 

MEDIACIÓN INTRAXUDICIAL - FAMILIA

ICACOR.MEDIA conta cun servizo gratuíto específico para aquelas solicitudes de mediación que se derivan de procesos xudiciais en materia de familia xa iniciados, que se estende a tódolos Xulgados de Familia que se atopan dentro do ámbito territorial do Colexio.

Nestes casos, a derivación a ICACOR.MEDIA poderá ser solicitada por unha ou ámbalas dúas partes, ou ben pode ser o Tribunal de Primeira Instancia que sexa coñecedor do asunto quen de oficio acorde a remisión.

Nas mediacións en materia familiar referidas polos Xulgados intervirá un equipo de mediación composto por un avogado e un psicólogo.

Este servizo específico establécese, dende o ano 2015, de acordo co Convenio de Colaboración subscrito entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Ministerio de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Ilustre Colexio Provincial de Avogados de A Coruña.

Características mediación (PDF)

MEDIACIÓN INTRAXUDICIAL- PENAL

Ademáis do servicio de Mediación Intraxudicial en materia de Familia, ICACOR.MEDIA conta con un servizo específico en materia Penal. Neste caso, as derivacións levanse a cabo dende os Xulgados de Instrucción do partido xudicial da Coruña, de oficio ou a proposta das partes.

O equipo de mediadores nos Expedientes de Mediación Penal está formado por dous mediadores inscritos no Rexistro do Colexio, con formación nesta materia.

Este servizo desenvolvese, dende o ano 2018, de conformidade do Convenio de colaboración suscrito entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións pública e Xustiza, o Ministerio Fiscal e o Colexio Oficial de Avogados da Coruña.

Para máis información pode contactar co Servizo de Mediación do Colexio,

ICACOR.MEDIA
lustre Colexio Provincial de Avogados de A Coruña
Rúa Federico Tapia, 11 baixo - 15005 A Coruña
Teléfono: 981 12 60 90
Enderezo electrónico:
  icacor.media@icacor.es


ENLACES EXTERNOS:

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
http://cpapx.xunta.gal/mediacion#item1

Consellería de Política Social – Xunta de Galicia
http://www.familiasgalegas.org/familias/index.php
https://politicasocial.xunta.gal/web/portal/mediacion-familiar

Consejo General del Poder Judicial
http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Mediacion/Presentacion/