ICACOR

Réxime aplicable

Réxime aplicable e principal normativa profesional:

Revisada: 26/03/2015

Nota: a lexislación contida nesta sección ten unicamente un carácter informativo

Nos últimos anos producíronse unhas reformas legais de gran transcendencia que afectaron de forma especial á ordenación das profesións colexiadas; en concreto, referímonos á Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio; a Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio; a Lei 2/2007, do 15 de marzo, de sociedades profesionais; a Lei 34/20006, de acceso ás profesións de avogado e procurador dos tribunais e o regulamento que a desenvolve, Real decreto 775/2011, do 3 de xuño; e a Lei 18/2011, do 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na Administración de Xustiza.

Ante estas modificacións habidas no noso ordenamento xurídico e para a súa adaptación a elas, estase procedendo á reforma tanto do Estatuto Xeral como do Código Deontolóxico da Avogacía Española.

Non obstante, e mentres se tramitan estas modificacións, informamos de que os seguintes artigos do citado Estatuto Xeral da Avogacía Española víronse, en maior ou menor medida, afectados polas reformas lexislativas referidas:

  • Artigo 3.1 (protección dos consumidores e usuarios)

  • Artigo 4 (protección dos consumidores e usuarios, escolas de práctica xurídica, e criterios de honorarios)

  • Artigo 6 (título de licenciado)

  • Artigo 11.1 (título de licenciado)

  • Artigo 13.c) (título de licenciado)

  • Artigo 13.d) (entidade ou mutua de previsión social alternativa ao réxime da Seguridade Social)

  • Artigo 17.3 (comunicación de intervención)

  • Artigo 18 (comunicación de intervención)

  • Artigo 21 (incompatibilidades)

  • Artigo 22 (incompatibilidades)

  • Artigo 23 (incompatibilidades)

  • Artigo 24 (incompatibilidades)

  • Artigo 25 (publicidade)

  • Artigo 26 (venia)

  • Artigo 27 (relación laboral especial en despachos de avogados)

  • Artigo 28 (exercicio colectivo e lei de sociedades profesionais)

  • Artigo 29 (exercicio colectivo e lei de sociedades profesionais)

  • Artigo 42 (deber de información ao cliente)

  • Artigo 44 (honorarios)

  • Artigo 53 (criterios de honorarios e cotas de incorporación)

  • Artigo 63.6 (cotas de incorporación)

  • Artigo 68.d) e v) (escolas de práctica xurídica e cotas)

  • Artigo 69 (cotas de incorporación)

  • Artigo 84.a), b) e i) (incompatibilidades, publicidade e honorarios)

  • Artigo 85.b) e e) (comunicación de intervención profesional e publicidade)

Igualmente comunícase que os artigos 24.1 e 63.f) do Estatuto Xeral da Avogacía Española están anulados polas sentenzas do Tribunal Supremo das datas 3 de xullo de 2003 e 3 de marzo de 2003, respectivamente. 

  • ESTATUTO COLEXIAL: Aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria do 10 de xullo de 2002 e modificados en Xunta Xeral Extraordinaria do 22 de decembro de 2005.
  • CÓDIGO DEONTOLÓXICO: Adaptado ao novo Estatuto Xeral da Avogacía Española aprobado por R.D. 658/2001, do 22 de xuño

Nos últimos anos producíronse unhas reformas legais de gran transcendencia que afectaron de forma especial á ordenación das profesións colexiadas; en concreto, referímonos á Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio; a Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio; a Lei 2/2007, do 15 de marzo, de sociedades profesionais; a Lei 34/20006, de acceso ás profesións de avogado e procurador dos tribunais e o regulamento que a desenvolve, Real decreto 775/2011, do 3 de xuño; e a Lei 18/2011, do 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na Administración de Xustiza.

Ante estas modificacións habidas no noso ordenamento xurídico e para a súa adaptación a elas, este Consello Xeral está procedendo á reforma tanto do Estatuto Xeral como do Código Deontolóxico da Avogacía Española.

Non obstante, e mentres se tramitan estas modificacións, informamos de que os seguintes artigos do citado Código Deontolóxico da Avogacía Española víronse, en maior ou menor medida, afectados polas reformas lexislativas referidas:

Artigo 2.5 (incompatibilidades)

Artigo 6 (incompatibilidades)

Artigo 7 (publicidade)

Artigo 8 (competencia desleal)

Artigo 9 (venia)

Artigo 10.7 (comunicación de intervención profesional)

Artigo 13 (folla de encargo e deber de información)

Artigo 15 (honorarios)

Artigo 21 (cobertura de responsabilidade civil)

Igualmente comunícase que o artigo 16 do citado Código, “Cuota litis”, foi derrogado por acordo do Pleno do Consello Xeral da Avogacía Española do 21 de xullo de 2010.