ICACOR

Comisións

1º.- COMISIÓNS ORDINARIAS (6):

A) Comisión da quenda de oficio e asistencia ó detido, preso ou imputado (creada novamente o 5 de xullo de 2007):

Funcións:

  1. Efectuar o seguimento dos Servizos de Asistencia Xurídica Gratuíta e do Servizo de Orientación Xurídica colexiais.
  2. No caso de urxencia, adoptar as medidas necesarias para garantir a continuidade dos Servizos de Asistencia Xurídica Gratuíta e do Servizo de Orientación Xurídica. Ditas medidas deberán ser ratificadas pola Xunta de Goberno na seguinte Sesión que se celebre.
  3. Propoñer á Xunta de Goberno a regulación, organización, modificación e melloras dos Servizos de Asistencia Xurídica Gratuíta e do Servizo de Orientación Xurídica colexiais.
  4. Coordinar contactos periódicos cás institucións, autoridades, órganos xudiciais e administración relacionadas cá asistencia xurídica gratuíta e a prestación do servizo.
  5. Consultar cós Delegados colexiais nos partidos xudiciais pertencentes á circunscripción territorial do Colexio, as medidas ou regulación que afecte ou poida afectar ós mesmos.
  6. Cantas outras lle foran encomendadas pola Xunta de Goberno

Compoñentes:

  1. Don Augusto José Pérez-Cepeda Vila
  2. Dona María Fernanda Álvarez Pérez
  3. Dona Beatriz Núñez Vázquez (Xunta 23/4/2015) (Deputada Responsable Xunta 25/5/2016)
  4. Don José Luis Villar da Riera (Xunta 23/4/2015)
  5. Don Rafael Arangüena Sande
  6. Dona Sara López Paz (*)
  7. Dona Mª Asunción Blanco Regueiro (*)
  8. Secretario Técnico

Os membros da Comisión non pertencentes á Xunta de Goberno (tres Letrados de alta no servizo de Quenda de Oficio colexial, dos cales, alomenos un, estará de alta na especialidade penal), serán designados anualmente pola Xunta de entre os que desexen formar parta da mesma.

* Xunta de 8/4/2013
«Elección de dous membros da Comisión de Quenda de Oficio e Asistencia ao Detido, Preso ou Imputado non pertencentes á Xunta de Goberno: analizadas as solicitudes presentadas para cubrir as dúas prazas convocadas para formar parte da Comisión da Quenda de Oficio e Asistencia ao Detido, Preso ou Imputado como membros non pertencentes á Xunta de Goberno, trala oportuna deliberación e por maioría dos asistentes, resultan elixidos para ocupar ditos postos, dona Sara López Paz e a dona Mª Asunción Blanco Regueiro.»

B) Comisión de formación (creada o 27 de abril de 2004):

Funcións:

  1. Estudar e informar as propostas de cursos e conferencias que cheguen ao Colexio, tanto dende o punto de vista formativo como dende o económico, para sometelas, no seu caso, á aprobación definitiva pola Xunta de Goberno.
  2. Efectuar as propostas de cursos ou conferencias que poidan resultar de interese, coa inclusión do seu presuposto e modos de financiación, ao fin da súa análise e, no seu caso, aprobación pola Xunta de Goberno.
  3. Plantexar a celebración de cursos ou conferencias nas distintas Delegacións colexiais.

Compoñentes:

  1. Don Augusto José Pérez-Cepeda Vila
  2. Don Julio Manuel Lois Boedo
  3. Dona María Luisa Tato Fouz
  4. Don Antonio Zamorano Fernández
  5. Don Antonio Abuín Porto
  6. Don Jesús Ángel Sánchez Veiga
  7. Don José Miguel Orantes Canales (Xunta 23/4/2015) (Deputado Responsable Xunta 25/5/2016).
  8. Directora da Escola de Práctica Xurídica
  9. Secretario Técnico

C) Comisión de mediación (creada o 17 de novembro de 2011):

Funcións:

  1. Potenciar a mediación xudicial e extraxudicial como medio alternativo de solución de conflitos en todolos ámbitos xurídicos, propoñendo á Xunta de Goberno a adopción dos acordos e medidas necesarias para elo.
  2. Concertar as reunións necesarias có resto de operadores xurídicos, a fin de coordinar medios e esforzos encamiñados ao desenrolo dun marco propicio para a promoción da mediación.
  3. Organizar cursos, conferencias e xornadas de formación en materia de Mediación.

Compoñentes:

  1. Don Augusto José Pérez-Cepeda Vila
  2. Don Jesús Ángel Sánchez Veiga
  3. Dona María del Pilar Cortizo Mella (Deputada Responsable Xunta 25/5/2016)
  4. Dona María del Mar Ramos Martínez
  5. Dona Rosa Sánchez González-Dans (6/6/2013)
  6. Dona Asunción Jiménez de Llano Zato (15/4/2014)
  7. Secretario Técnico

D) Comisión de relaciones coa administración de xustiza (creada o 24 de marzo de 2011):

Funcións:

  1. Efectuar o seguimento das incidencias e problemática que se relacionen coa Administración de Xustiza e os seus distintos partícipes en canto poidan afectar ao exercicio da Avogacía.
  2. Manter reunións periódicas cos operadores xurídicos a fin de analizar os problemas detectados e buscar solucións compartidas.

Compoñentes:

  1. Don Augusto José Pérez-Cepeda Vila
  2. Dona María Fernanda Álvarez Pérez
  3. Don José Carlos Tomé Santiago (Xunta 23/4/2015)
  4. Don Antonio Abuín Porto
  5. Don José Miguel Orantes Canales (Xunta 23/4/2015)
  6. Dona Beatriz Núñez Vázquez (Xunta 9/3/2016)
  7. Don Juan Antonio Armenteros Cuetos (Xunta 25/5/2016) (Deputado Responsable Xunta 25/5/2016)
  8. Don José Luis Gutiérrez Aranguren

E) Comisión de relacións cos partidos xudiciais (creada o 24 de marzo de 2011):

Funcións:

  1. Efectuar o seguimento das incidencias e problemática que xurdan nos partidos xudiciais onde o Colexio teña Delegacións, en canto poidan afectar ao exercicio da Avogacía.
  2. Manter reunións periódicas cos delegados colexiais, autoridades ou funcionarios dos partidos xudiciais.

Compoñentes:

  1. Don Augusto José Pérez-Cepeda Vila
  2. Dona María Fernanda Álvarez Pérez (Deputada Responsable Xunta 25/5/2016)
  3. Don Jesús Ángel Sánchez Veiga (Xunta 23/4/2015)
  4. Don José Luis villar da Riera (Xunta 23/4/2015)
  5. Don José miguel Orantes Canales (Xunta 23/4/2015)
  6. Don Antonio Abuín Porto (Xunta 23/4/2015)
  7. Don Juan Antonio Armenteros Cuetos (Xunta 25/5/2016)
  8. Don Antonio Zamorano Fernández

F) Comisión de honorarios (creada o 16 de marzo de 1998):

A Comisión de honorarios está formada por 10 membros, dos cales 4, relatores, elaboran os borradores de ditames. As minutas que non son aprobadas, revísanse por dous membros da Xunta e o secretario técnico e, en caso de dúbida, sométense á Xunta de Goberno en pleno.

Membros da Xunta: Dona Pilar Cortizo Mella, dona Beatriz Núñez Vázquez (Xunta 23/4/2015), don José Carlos Tomé Santiago (Xunta 25/5/2016)

«Acordo 23/4/2015:
De conformidade có acordo de 24 de xaneiro de 2007 e 12 de abril de 2010, por cese de dona María del Mar Ramos Martínez, desígnase na súa sustitución como membro da Xunta para revisar as minutas informadas desfavorablemente pola Comisión de Honorarios á Deputada 4ª, dona Beatriz Núñez Vázquez, manténdose para tal cometido á actual Tesoreira dona María del Pilar Cortizo Mella.
En cuxa virtude, aquelas minutas informadas desfavorablemente pola Comisión de Honorarios, serán revisadas polo Secretario Técnico e dous membros da Xunta designados ao efecto, quenes poderán corrixir ou modificar o ditame e, en caso de que estimen necesario que sexa sometido a consideración da Xunta, elevarán os informes e documentación para que sexan debatidos en Sesión de Xunta de Goberno.»

G) Comisión de novas tecnoloxías (creada o 25 de maio de 2016):

O aveiro e de conformidade cos artigos 45.A) n) e 47 dos Estatutos Colexiais, e 53.n) do Estatuto Xeral da Abogacía Española, acórdase constituir unha Comisión de Novas Tecnoloxías, sendo presidida polo Sr. Decano de conformidade co artigo 47.2 dos Estatutos Colexiais.

Funcións:

  1. Impulsar a modernización da institución colexial promovendo o emprego das TIC; camiñar hacia un entorno tecnolóxico avanzado e seguro mediante o emprego de sistemas de firma electrónica e conquerir nun futuro cercano, un funcionamento dixital que aspira á eliminación do papel.
  2. O asesoramento técnico en novas tecnoloxías, elaboración de programas formativos para os colexiados, buscando dotar o seu exercicio profesional dun entorno dixital que promova a eficiencia e a adaptación tecnolóxica necesaria para aumentar a calidade e seguridad dos servizos que prestan ós seus clientes, no marco dunha Xustiza cada vez máis dixital.
  3. Concertar as reunións necesarias co resto de operadores xurídicos, a fin de coordinar medios e esforzos encamiñados ao desenrolo e implantación das novas tecnoloxías.
  4. Organizar cursos, conferencias e xornadas de formación en materia de novas tecnoloxías.

Compoñentes:

  1. Don Augusto José Pérez-Cepeda Vila
  2. Don José Luis Villar de la Riera (Deputado 5º)
  3. Don Antonio Abuín Porto (Bibliotecario)
  4. Don Simón Beceiro Cagiao
  5. Secretario Técnico.

2º.- OUTRAS FUNCIÓNS ASIGNADAS:

A) Mestre de cerimonias:

Recuperando a tradición que se recollía nos Estatutos Colexiais de 1761, na sesión da Xunta de Goberno de 12 de abril de 2010, acordouse nomear Mestre de Cerimonias a dona María Luisa Tato Fouz, Deputada 4ª da Xunta de Goberno.

B) Consello de redacción da revista colexial Fonte Limpa (creado o 1 de marzo de 2012):

Funcións:

  • Impulsar, orientar e coordinar a publicación da revista.

Compoñentes:

  1. Don Augusto José Pérez-Cepeda Vila
  2. Dona María Luisa Tato Fouz
  3. Don José Luis Villar da Riera (Xunta 23/4/2015)
  4. Don José Carlos Tomé Santiago (Xunta 23/4/2015)
  5. Don Antonio Abuín Porto
  6. Don Juan Antonio Armenteros Cuetos (Xunta 25/5/2016)
  7. Secretario técnico.

 

3º.- COMISIÓNS EXTRAORDINARIAS:

A) Comisión para negociar a renovación do seguro colectivo de responsabilidade civil que vence en xuño de 2016: (creada na Xunta de 22/9/2015)

Compoñentes:

  1. Don Augusto José Pérez-Cepeda Vila
  2. Don José Luis Villar da Riera
  3. Don José Carlos Tomé Santiago
  4. Secretario técnico

B) Comisión extraordinaria lei de servizos e colexios profesionais:

A Comisión extraordinaria para o seguimento da elaboración e, no seu caso, aplicación da futura Lei de Servizos Profesionais está formada por seis membros que, por delegación da Xunta de Goberno, encargarase de estudar e informar sobre os distintos documentos previos, borradores e anteproxectos da referida Lei, mediante a participación en reunións, foros, actividades formativas e xornadas. A Comisión tamén poderá promover reunións con autoridades, institucións e operadores xurídicos.

No seu caso, poderá efectuar o seguimento da futura Lei, informando de cantas cuestións plantexe a mesma, en canto poidan afectar ao exercicio da avogacía.

Compoñentes:

  1. Don Augusto José Pérez-Cepeda Vila
  2. Don Jesús Sánchez Veiga
  3. Don Antonio Abuín Porto
  4. Don Julio Lois Boedo
  5. Secretario Técnico