ICACOR

Memoria anual

Memoria ICA Coruña

Introdución

Tanto a Lei de colexios profesionais estatal, Lei 2/1974, do 13 febreiro, como a Lei de colexios profesionais de Galicia, Lei 11/2001, do 18 de setembro, establecen que as organizacións colexiais están suxeitas ao principio de transparencia na súa xestión. Para cuxo fin establece a obriga de elaborar unha memoria anual.

Os artigos 11 da Lei estatal e 10 ter da Lei galega relacionan a información mínima que debe conter a devandita memoria anual.

Así, no que a este Colexio interesa, debe incluír os seguintes datos:

«a) Informe anual de xestión económica, incluíndo os gastos de persoal suficientemente detallados e especificando as retribucións dos membros da Xunta de Goberno en razón do seu cargo.

b) Importe das cotas aplicables detalladas por concepto e polo tipo de servizos prestados, así como as normas para o seu cálculo e aplicación.

c) Información agregada e estatística relativa aos procedementos informativos e sancionadores en fase de instrución ou que alcanzasen firmeza, con indicación da infracción á que se refiren, da súa tramitación e da sanción imposta se é o caso, de acordo, en todo caso, coa lexislación en materia de protección de datos de carácter persoal.

d) Información agregada e estatística relativa a queixas e reclamacións presentadas polos consumidores ou usuarios ou as súas organizacións representativas, así como sobre a súa tramitación e, de ser o caso, dos motivos de estimación ou desestimación da queixa ou reclamación, de acordo, en todo caso, coa lexislación en materia de protección de datos de carácter persoal.

e) Os cambios no contido dos seus códigos deontolóxicos, en caso de dispoñer deles.

f) As normas sobre incompatibilidades e as situacións de conflito de intereses en que se encontren os membros das xuntas de goberno.»

En cumprimento da dita normativa, elaborouse a presente memoria, onde se inclúe a referida información e, ademais, trátase de dar unha imaxe fiel, unha fotografía, que sintetice a actividade colexial durante o ano.

A pesar do anterior, hai dúas facetas da actividade colexial, ambas de especial relevancia e significación, das que se elaborou unha memoria específica: a Quenda de oficio e a Escola de Práctica Xurídica.

En canto á prestación do servizo público de asistencia xurídica gratuíta, quenda de oficio, o artigo 49 do Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia, aprobado por Decreto 269/2008, do 6 de novembro, establece a obriga de confeccionar unha memoria anual sobre o seu funcionamento.

Respecto á Escola de Práctica Xurídica, Decano Iglesias Corral, a singularidade das súas funcións así o aconsella.

En calquera caso, esta MEMORIA colexial, a memoria da Quenda de oficio, cos seus anexos, e a da Escola de Práctica Xurídica insírense na páxina web do Colexio conformándose así o corpus completo da memoria colexial.

Ano 2016

Memoria Colexial

Memoria Formación

Memoria da Quenda de Oficio

Ano 2015

Memoria Colexial

Memoria da Quenda de Oficio

Memoria do Mestrado en Avogacía e Formación 2015

Ano 2014

Memoria Colexial

Memoria da Quenda de Oficio

Memoria do Mestrado en Avogacía e Formación 2014

Ano 2013

Memoria Colexial

Memoria da Quenda de Oficio

Memoria do Mestrado en Avogacía Promoción 2013-2015

Ano 2012

Memoria Colexial

Memoria da Quenda de Oficio

Memoria da Escola de Práctica Xurídica "Decano Iglesias Corral"

Ano 2011

Memoria Colexial

Memoria da Quenda de Oficio

Memoria da Escola de Práctica Xurídica "Decano Iglesias Corral"

Datos estadísticos anteriores al Ano 2012

Resumo dos datos máis significativos da actividade colexial durante o ano 2011

Resumo dos datos máis significativos da actividade colexial durante o ano 2010

Resumo dos datos máis significativos da actividade colexial durante o ano 2009

Resumo dos datos máis significativos da actividade colexial durante o ano 2008

Resumo dos datos máis significativos da actividade colexial durante o ano 2007

Resumo dos datos máis significativos da actividade colexial durante o ano 2006

Resumo dos datos máis significativos da actividade colexial durante o ano 2005

Resumo dos datos máis significativos da actividade colexial durante o ano 2004