ICACOR

Introdución

Coas novas regras establecidas pola Lei 34/2006, de 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de avogado e procurador e polo Real Decreto 775/2011, de 3 de xuño, polo que se aproba o Regulamento da Lei 34/2006, de 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de avogado e Procurador dos Tribunais, a realización dunha formación previa convértese en requisito obrigatorio para poder desenvolver a profesión de Avogado.

O Mestrado en Avogacía, que habilita para o acceso á proba de capacitación para a obtención do título de avogado/a, impártese conxuntamente pola UDC e o ICACOR a través da Escola de Práctica Xurídica "Decano Iglesias Corral".

O principal obxectivo do Mestrado diríxese a acadar que o alumno obteña as competencias, habilidades e destrezas que lle permitan exercer a profesión de avogado unha vez que supere a proba estatal correspondente.

Para acceder ao Mestrado en Avogacía será necesario estar en posesión do título de Licenciado ou Grao en Derito ou de outro título universitario ou Grao equivalente que atenda aos requirimentos no artigo 3 do Real Decreto 775/2011 de 3 de xuño, polo que se aproba o Regulamento da Lei 34/2006, de 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de Avogado e Procurador dos Tribunais.

Polo que se refire aos criterios de admisión, o proceso levarase a cabo pola Comisión Coordinadora do Mestrado, que cubrirá o número de prazas (70) atendendo aos principios de concurrencia, igualdade, capacidade e mérito. Terase en conta como criterio preferente o expediente académico dos alumnos. Ademais, atenderase para a seleción ao currículo, exisistindo a posibilidade de realizar entrevista persoal no suposto de que así o acorde a Comisión, que non será eliminatoria pero que servirá para resolver empates ou situacións excepcionais.

A formación capacita para o acceso á proba para obter o título de Avogado/a. O principal obxectivo do Mestrado diríxese a acadar que o alumno obteña as competencias, habilidades e destrezas que lle permitan exercer a profesión de avogado unha vez que supere a proba estatal correspondente. De este modo, poderá colexiarse e abrir o oportuno despacho profesional.

O estudo estructúrase en tres cuatrimestres. As prácticas externas realízanse no segundo e terceiro cuatrimestre. O Mestrado, de carácter presencial, organízase en dous grupos, mañá e tarde, sendo obrigatoria a asistencia, a lo menos, a un 80% das sesións. O sistema de avaliación e continuo, a partir das actividades realizadas polos estudantes dentro e fora da aula.

En canto ao profesorado, cada módulo é impartido por profesores universitarios, avogados e profesionais de ámbitos relacionados coa Avogacía. En cumprimento da Lei de Acceso á profesión de Avogado e o seu Regulamento de Desenvolvemento, todos os Avogados que imparten clases no Mestrado están colexiados desde fai máis de tres anos. A media de experiencia profesional do colectivo supera os 15 ou 20 anos de colexiación e todos eles teñen acreditada experiencia docente posto que formaban parte do cadro de profesores da Escola de Práctica Xurídica “Decano Igrexas Corral“ do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña.

Esta mesma circunstancia dáse con respecto á cota de profesionais colaboradores que non forman parte do colectivo designado pola Universidade nin son Avogados colexiados. Cóntase con Maxistrados, Xuíces, Fiscais, Inspectores de Policía, Notarios e Economístas de acreditada experiencia profesional e recoñecido prestixio. Ademais, o Mestrado conta co apoio e colaboración de empresas e institucións da contorna socioeconómica.

Este Mestrado presenta unha orientación laboral ou práctica clara. Ademais, o Mestrado contempla 30 créditos de prácticas externas obrigatorias, a desenvolver preferentemente en despachos de Avogados, pero tamén noutras institucións de relevo para o que desexe exercer como letrado (principalmente, asesorías xurídicas de empresas privadas ou Institucións Públicas de ámbito autonómico ou municipal). Os titores de prácticas externas son colexiados en activo no ICACOR con polo menos 5 anos de experiencia profesional.