ICACOR

Colexiación

¿Quén está obrigado a colexiarse?

Art. 11º (E.X.A.E.)

Para o exercicio da avogacía e obligatoria a colexiación nun Colexio de Avogados, salvo nos casos determinados expresamente pola Lei ou por este Estatuto Xeral. Bastará a incorporación a un solo Colexio, que será o do domicilio profesional único ou principal, para exercer en todo o territorio do Estado. 

Avogado: denominación e función

Art. 6º (E.X.A.E.)

Corresponde en exclusiva a denominación e función de avogado ao Licenciado ou Grado en Dereito que exerza profesionalmente a dirección e defensa das partes en toda clase de procesos, ou o asesoramento e consello xurídico. 

Art. 9º (E.X.A.E.)

  • Son avogados quenes, incorporados a un Colexio español de Avogados en calidade de exercentes e cumpridos os requisitos necesarios para elo, adícanse de forma profesional ao asesoramento, concordia e defensa dos intereses xurídicos alleos, públicos ou privados.
  • Corresponde en exclusiva a denominación e función de avogado a quenes o sexan de acordo coa precedente definición, e nos termos previstos polo artículo 436 de la Lei Orgánica do Poder Xudicial.
  • Non obstante, poderán seguir utilizando a denominación de abogado, engadindo sempre a expresión "sin exercicio", quenes cesen no exercicio de dita profesión despois de teren exercido alomenos vinte anos.
  • Tamén poderán pertencer aos Colexios de Avogados, coa denominación de colexiados non exercentes, quenes reúnan os requisitos establecidos no artigo 13.1 deste Estatuto Xeral.

Requisitos para a colexiación

Requisitos para a colexiación (Revisado FEBREIRO/2017) (PDF)

Nota: Sólo se recollerá a documentación cando esté completa.

Consulte aquí o importe das cotas, de periodicidade mensual, para os colexiados do ICA Coruña.

Aplicación da Disposición Transitoria Única da Lei 34/2006, sobre o acceso ás profesións de abogado e procurador dos Tribunais, modificada pola Disposición Final Terceira do Real Decreto 5/2012, de 5 de marzo, de mediación en asuntos civís e mercantiles

SUPOSTO 1: Aqueles que estiveran colexiados no momento de entrada en vigor da Lei (31/10/2011) como exercentes ou non exercentes.

Non se lles esixirán en ningún caso os requisitos de colexiación regulados na Lei 34/2006.

SUPOSTO 2: Aqueles que non se incluiran no Suposto 1, pero que estiveron colexiados como mínimo un ano antes da entrada en vigor da Lei (31/10/2011).

Non se lles esixirán en ningún caso os requisitos de colexiación regulados na Lei 34/2006.

SUPOSTO 3: Aqueles que non se incluiran no Suposto 1, pero que estivieron colexiados como mínimo un ano antes da entrada en vigor da Lei (31/10/2011), e tiñan causado baixa por sanción disciplinaria.

Non se lles esixirá a realización do Mestrado, si se colexian nun prazo de dous anos dende a entrada en vigor da Lei (31/10/2013).

SUPOSTO 4: Aqueles que estiveran en posesión do título de Licenciado ou grado en Dereito ou en condicións de solicitalo no momento de entrada en vigor da Lei (31/10/2011).

Non se lles esixirá a realización do Mestrado, si se colexian nun prazo de dous anos dende a entrada en vigor da Lei (31/10/2013).

SUPOSTO 5: Aqueles que obtiveran o título de Licenciado en Dereito ou se atoparan en condicións de solicitalo con posterioridade á entrada en vigor da Lei (31/10/2011).

Non se lles esixirá a realización do Mestrado, sempre que se colexien nun prazo de dous anos dende que se atopen en condicións de solicitar a expedición do título oficial de licenciado en dereito, como exercentes ou non exercentes. 

SUPOSTO 6: TÍTULOS ESTRANXEIROS: Se a solicitude de homologación do título estranxeiro ao de licenciado en dereito fíxose con anterioridade á entrada en vigor da Lei (31/10/2011).

Non se lles esixirá a realización do Mestrado, sempre que se colexien como exercentes ou non exercentes nun prazo de dous anos dende que obteñan a homologación.

SUPOSTO 7: Aqueles que obteñan o título de Grao en Dereito con posterioridade a súa entrada en vigor (31/10/2011). Esixiráselles o novo sistema de acceso (regulado na Lei 34/2006, de 30 de outubro).

IMPRESOS ADICIONAIS:

Colexiados/as EXERCENTES:

Ficha Datos Colexiado/a (PDF)

Instancia solicitando a incorporación como Exercente (PDF)

Escrito-declaración de non estar incurso en causa de INCAPACIDADE, INCOMPATIBILIDADE ou PROHIBICIÓN para o exercicio da avogacía (PDF)

Compromiso por escrito de XURAMENTO ou PROMESA (PDF)

Solicitude de Certificado de Nova Incorporación EXERCENTES (C.G.A.E.) (PDF)

Colexiados/as NON EXERCENTES:

Ficha Datos Colexiado/a (PDF)

Instancia solicitando a incorporación como Non Exercente (PDF)

Solicitude de Certificado de Nova Incorporación NON EXERCENTES (C.G.A.E.) (PDF)

Cambio de situación de NON EXERCENTE a EXERCENTE:

Solicitud de Certificado Cambio de NO EJERCIENTE a EJERCIENTE (C.G.A.E.) (PDF) 

Intervención por asuntos propios

Art. 9.º (E.C.) - Art. 17.5.º (E.X.A.)
Non se necesitará incorporación ao Colexio para a defensa de asuntos propios ou de parentes ata o terceiro grao de consanguinidade ou segundo de afinidade, sempre que o interesado reúna os requisitos establecidos polo Art. 6.1, parágrafos a), b), e c) do presente Estatuto, así coma aqueles que poidan establecer as normas vixentes.

Os que se atopen neste caso serán habilitados polo Decano do Colexio de Avogados para a intervención que se solicite. Tal habilitación supón para quen a recibe, aínda que soamente con relación ao asunto ou asuntos a que alcanza, o disfrute de tódolos dereitos concedidos en xeral aos abogados e a asunción das correlativas obrigacións. O importe das habilitacións e de 50€ para os colexiados non exercentes do ICACOR e de 150€ para os non colexiados.